Arbo acollerá un encontro dos mellores «bloggers» gastronómicos e turísticos de Galicia

Arbo será escenerario, esta próxima fin de semana, do encontro de bloggers #SaboresdeArbo, un evento que se enmarca dentro das actividades que o Concello organiza para promover os sabores únicos e emblemáticos do viño e a lamprea e a súa festa por excelencia a Festa da Lamprea, que este ano cumpre a súa 59 edición e que terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril. Por primeira vez, os blogueros gastronómicos e de viaxes, con miles de seguidores, visitarán a “capital mundial da lamprea”.

O evento, impulsado polo Concello de Arbo, pretende ser un referente neste universo dixital e no sector turístico de Galicia. O impacto en redes sociais aspira alcanzar estes días miles de interaccións.

O programa de actividades arrinca o sábado co recibimento dos participantes no Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea (Museo Arabo) e a posterior baixada á Praia Fluvial da Estación para ver o evento que todos os anos organiza a Ilma Irmandade dos Cabaleiros da Lamprea. Ao mediodía degustarán Lamprea e gozarán dunha copiosa comida nun dos restaurantes da vila onde a súa cociñeira explicaralle algúns segredos da preparación da Lamprea nos seus distintos estilos. Xa no Museo Arabo, participarán nunha cata de viños da adegas de Arbo, da man dun enólogo especializado na materia, a este acto asistirán representantes das adegas de Arbo, ademáis visitarán o Arabo e gozaran da Exposición da Festa da Lamprea.

A xornada do domingo comezará coa visita a unha das pesqueiras do río Miño e contando coa explicación dun lampreeiro que lles demostrará e ensinará as ancestrales técnicas de pesca deste milenario peixe. Os participantes realizarán un tramo do Sendeiro dos Pescadores e, desde o Mirador da Pesqueira dos Frades, poderán gozar da paisaxe única que só o Miño pode ofrecer.

O hastag para seguir o evento na internet será # SaboresdeArbo e participarán entre outros Galicia Máxica, Seseixa Galicia con Nenos, Galicia Mola, Camiñante do planeta, Trucos Viaxeiros, Alvientooo, Petiscos Galegos, Descobre cada día, Monster's Place ou Pedro Trasende de Achega Comunicación.

 

Esta iniciativa, segundo o alcalde de Arb, Horacio Gil, Arbo responde "á importante estratexia de promoción e publicidade que a localidade está a levar a cabo en internet e redes sociais". Participarán no evento "influencers con máis de 100 k seguidores e supoñerá unha oportunidad única para alcalzar uns niveis de transcendencia e alcance inigualables". O rexedor engade que esperan que estas xornadas "sexan do agrado de todos os participantes, expertos coñecedores da realidade turística actual, que coñezan as marabillas que atesouran a nosa identidade e o noso patrimonio, porque Arbo é capaz de espertar os teus cinco sentidos".