Arbo traslada ao domingo 10 de marzo o Desfile de Comparsas

O domingo 10 de marzo terá lugar en Arbo o Desfile de Comparsas de Entroido que foi suspendido o pasado domingo 3 de marzo polas malas condicións meteorolóxicas na provincia de Pontevedra. Este tradicional evento reúne todos os anos a comparsas do Concello de Arbo, de concellos veciños da comarca Condado e A Paradanta e do país veciño Portugal.

O Concurso de comparsas de Arbo ten establecidas as seguintes categorías e premios:
1. Para as comparsas de 15 ou mais membros, establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 450 euros. A segunda, un premio de 225 euros. A terceira un premio de 100 euros e a cuarta percibirá un premio de 50 euros.

2. Para as comparsas infantís (15 ou máis membros menores de 12 anos) establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 140 euros. A segunda, un premio de 70 euros. A terceira un premio de 30 euros e a cuarta percibirá un premio de 30 euros.

3. Para a mellor mascarita establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 70 euros. A segunda, un premio de 35 euros. A terceira un premio de 20 euros e a cuarta percibirá un premio de 20 euros.

4. Para as comparsas de 5 a 14 membros membros establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 130 euros. A segunda, un premio de 70 euros. A terceira un premio de 30 euros e a cuarta percibirá un premio de 30 euros.

O desfile arranca ás 17:30 horas dende a Carballeira de Turbela, aqueles que aínda non estean inscritos, aínda están a tempo para facelo e participar.