Arbo remata obras en Doños, Ladeira, O Couto e Almuíña

O Couto O Couto

O Concello de Arbo vén de dar por rematadas as obras de mellora e ampliación do acceso aos Doños e a Ladeira, na parroquia de Mourentán, obras que forman parte do programa de mellora da rede municipal de estradas e que teñen, como prioridade, a mellora da seguridade viaria. Para tal fin, executáronse traballos de ancheado e mellora nos lugares considerados como perigosos, mellorando o acceso a Ladeira-Mourentán.

Doutra banda, tamén se realizaron traballos no Couto e Almuiña co obxectivo de definir, dimensionar e mellorar o estado destas infraestructuras viarias. As obras consistiron na roza e limpeza do camiños e da superficie do pavimento existente, reparación de fochancas, cuneta de formigón, recalce de tapas de rexistro e a reposición da capa de rodadura e a posterior marcación do viario.

obras Almuinha

Aspecto das obras realizadas en Almuíña

Horacio Gil, alcalde de Arbo, destacaba o complexo traballo que supón "manter todas as estradas en perfecto estado" dada “a amplía superficie do Concello e o gran numero de estradas existentes". O alcalde chamaba a atención sobre a necesidadede realizar "proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade vial coa optimización do trazado”. Así mesmo recalca tamén o rexedor local que “dende o Concello estase a dar prioridade ás estradas que supoñen risco para os veciños, as que por mor dos temporais sufriron graves danos e que afectaron a todas as parroquias da vila”.