Adegas Marqués de Vizhoja, Premios de Enoturismo “Rutas do Viño de España 2018”

Jorge Peláez, brindando polo recoñecemento Jorge Peláez, brindando polo recoñecemento

Adegas Marqués de Vizhoja recibiu o «Premio ao Compromiso coa Sociedade e o Medio Ambiente» nos Premios Enoturismo Rutas do Viño de España 2018. Entre os motivos atópase “a iniciativa de desenvolver xornadas de sensibilización para reflexionar e buscar sinerxias entre os profesionais agrícolas e forestais para a prevención dos incendios”, especialmente nunha subzona como a de Condado do Tea que foi “a máis afectada polos incendios forestais que arrasaron Galicia o ano pasado”.

Un recoñecemento polo seu o seu labor en prol do enoturismo contribúe a posicionar o itinerario galego como un dos principais destinos do país, segundo destaca a Ruta do Viño Rías Baixas.

Esta iniciativa premiada xurdiu cando Adegas Marqués de Vizhoja sumouse á prevención dos incendios forestais, desenvolta polos equipos técnicos da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, cunha xornada informativa, de acceso libre para os veciños da comarca do Condado-Paradanta e demais interesados, que buscaba un compromiso coa sociedade e proximidade coa contorna de todos os que viven no medio natural.

Entre os relatores, atopábanse Isaac Rodríguez, enxeñeiro agrícola, que falou sobre a Interacción e sinerxias entre o sector agrícola e forestal; Begoña Gómez, enxeñeira agrícola, sobre o Aproveitamento silvopastoril e outros recursos potenciais, e José María Domínguez, experto deportivo, sobre o Uso deportivo do sector forestal: outro modo de ver o monte.

A xornada tivo como obxectivo xerar unha reflexión social por parte dos municipios e da sociedade ademais de valorizar a contorna forestal do Condado-Paradanta, unha da zona máis afectada polos recentes incendios que arrasou o sur de Galicia. A xornada, enmarcouse dentro do Plan de Responsabilidade Social Corporativa de Adegas Marqués de Vizhoja, cuxa finalidade é o compromiso coa sociedade e proximidade coa contorna.