Arbo inicia as obras de mellora no polígono industrial

O Concello de Arbo iniciará obras no seu polígono industrial, situado na parroquia de Barcela, de cara a dotalo de máis seguridade de cara a acadar a unha maior dinamización e o asentamento de empresas, obxectivo para o que precisabase unha remodelación deste espazo público. Para as obras, o concello conta cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 30.695.82 €.

A actuación para realizar contempla a mellora das beirarrúas, con obras que consistirán no fresado da pintura existente en mal estado, sobre as beirarrúas de formigón e un posterior tratamento superficial con dobre capa de slurry asfáltico con acabado coloreado. Ademais o Concello tamén recibiu unha subención de 6.502,53 € para actuacións en materia de seguridade no polígono, obras que contemplan a instalación de dous cámaras de vídeo vixilancia e un vídeo gravador entre outras medidas.

Na memoria do proxecto técnico indícase que con estas actuacións no parque empresarial continúa por parte do Concello cunha serie de melloras nos servizos e infraestruturas que o Concello de Arbo está a realizar a favor das mesmas para a dinamización do medio rural.

No ano 2017, o Concello acometía outras obras no paque empresarial, e modificou a ordenanza do ICIO para favorecer o asentamento de novas empresas no polígono e en toda a localidade. "Preténdese crear un escenario no que o parque empresarial sexa atractivo aos investimentos locais e foráneos, para que se establezan industrias que xeren riqueza e postos de traballo, establecendo unha bonificación de ata o 95% sobre a licenza de obra, sempre que contraten traballadores que estean anotados na Oficina de Emprego", explicou o rexedor local, Horacio Gil.

Así mesmo, o Concello aprobou unha nova ordenanza fiscal reguladora do abastecemento de auga potable regulando as tarifas dos diferentes tramos de consumo de auga á baixa.