Arbo solicita á Deputación mobiliario urbano para distintos espazos públicos

Un dos lugares para os que se solicita á Deputación mobiliario urbano é para a praza de Sela Un dos lugares para os que se solicita á Deputación mobiliario urbano é para a praza de Sela

O Concello de Arbo vén de solicitar á Deputación de Pontevedra mobiliario urbano para diversos lugares públicos, solicitude que se fai ao abeiro da convocatoria dun programa que, para este fin, ten a administración provincial. As actuacións recollidas no antedito programa consistirán, exclusivamente, na entrega de material, bancos e papeleiras, realizados na Escola de Cantería e nos módulos formativos de carpintería e cerraxería, entre outros.

O Concello de Arbo, solicita bancos e papeleiras para a Praza de Sela na parroquia de Sela; a Praza de Barcela, na parroquia de Barcela; o Campo da Feira da Lomba na parroquia da Lomba e para o casco urbano de Arbo.

barcela praza 2018

A Praza de Barcela, que concentra en poucos metros, gran cantidade de elementos singulares, tamén será dotada de mobiliario urbano

Con esta dotación de mobiliario, tal e como reflexa as Bases, búscase mellorar a calidade de vida dos cidadáns e cidadás de Arbo e recuperar ambientalmente os espazos públicos degradados, xardíns, parques ou calquera tipo de área de lecer dos concellos "para convertelos en zonas de convivencias das veciñas e veciños". O Goberno de Arbo, lembra que no ano 2017, recibíronse e coloráronse bancos e papeleiras na praia Fluvial de San Xoán.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, sinala que con este mobiliario "preténdese dar resposta ás solicitudes veciñais", e reafirma o compromiso do seu Goberno "de mellorar e seguir traballando por unha boa calidade para os habitantes de Arbo, así como para os turistas, os cales cada ano son máis que durante o ano escollen Arbo para pasar as suas vacacións, para disfrutar da nosa gastronomia, paisaxes, patrimonio...".