Educación realizará obras de mellora da fontanería no CEIP Antonio Carpintero de Arbo

A Concellería de Educación da Xunta de Galicia, a proposta do alcalde de Arbo, Horacio Gil, desenvolveu traballos de mellora na fontanería do CEIP Antonio Carpintero. Os traballos consistiron na reforma das canalizacións do centro que presentaban deficiencias que era preciso solucionar. Ademais destas obras, a Xefatura Territorial de Cultura e Educación leva acometidas outras melloras no centro como son a reposición da carpintería, a reparación da cuberta, a reposición de cristais, a substitución de ventas e a reforma da calefacción, mellora en toda a instalación electrica....

O alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, destacou que nos últimos anos levase investido case 128.000 euros por parte da administración autonómica nas melloras do CEIP Antonio Carpintero e outras melloras realizadas por persoal municipal, así como a reforma da pista do colexio, primeira mellora realizada polo actual Goberno que preside.