O alumnado do CEIP Antonio Carpintero de Arbo, gozan do Verán Cultural

O Concello de Arbo, dentro da actividades do «Verán Cutural San Roque 2018», organizu unha Festa infantil no CEIP Antonio Carpintero, festa que coincidía coa clausura do curso 2017-2018 e que se realizaba en colaboración co equipo directivo do centro. Os cativos e cativas gozaron de xogos, inchables, música e a visita especial de Mickey e Minnie. A idea, explicaba o alcalde Horacio Gil, permitiu que "nenos e nenas gozasen desta Festas, acompañados polos mestres, compañeiros e compañeiras que durante este curso comparteron con eles grandes momentos".