Taller de Kung-Fu dirixido á defensa persoal feminina en Arbo

O Concello de Arbo acaba de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o segundo taller de Kung-Fu dirixido a Defensa Persoal Feminina. Esta segunda edición convócase dada a afluencia e demanda das participantes no curso realizado no mes de abril, e para seguir avanzando nesta iniciativa. As inscripcións realizaranse nas oficinas municipais do Concello de Arbo, tamén se poden descargar na web do Concello e reenviar cumprimentada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

A proposta terá lugar os día 7 de xullo e 18 de agosto no Pavillón Municipal de 20.00 a 22.00 horas, e o prezo son 10 € polas dúas xornadas.

O prazo de inscripción remata o 5 de xullo ás 14.30 horas para a primeira xornada. Asememo poderase inscribir para a xornada do 18 de agosto ata o día 14 de agosto.

Con esta actividade pretendese aumentar a autoestima e confianza dun dos sectores da poboación, como son as mulleres..