I Forum Transfronterizo

Adegas Marqués de Vizhoja organiza unha «Xornada de Ioga» no Pazo A Moreira

O Pazo A Moreira, de Adegas Marqués de Vizhoja, posiblemente un dos enclaves naturais máis privilexiados de Arbo, acollerá o día 22 de xuño a partir das 17 horas, unha xornada de ioga enmarcada nas actividades de verán de #VizhojaExperience e como anticipo ao Día Internacional do Ioga. Unha magnífica oportunidade para iniciarse nesta disciplina milenaria.

Adegas Marqués de Vizhoja en colaboración co Centro de Kundalini Ioga Narayan realizará un pequeno retiro baixo a sombra dos seus piñeiros Mansos, coordinado por dous profesores que impartirán dúas clases temáticas diferentes.

En primeiro lugar, impartirán unha clase de Ioga en familia. Esta clase estará adaptada tanto para nenos como adultos. O Ioga en familia, está pensado para nenos entre 5 e 12 anos, e adultos. A actividade comezará ás 18.00 horas e terá unha hora de duración está indicada para mellorar o vínculo e a relaxación física e mental.

En segundo lugar, ás 19.30 horas terá lugar unha clase de Kundali Ioga. Nesta actividade, os profesores darán pautas tanto en aspectos da postura, a respiración e a actitude. Mediante un traballo nos tres aspectos máis importantes, corpo, mente e espírito. Esta actividade supón unha gran mellora tanto no benestar xeral físico e na paz interior na persoa. É un ioga dinámico e vital, no que se traballan todos os aspectos do ser humano, capaz de provocar unha profunda transformación tanto interior como exteriormente.

Para poder participar, soamente é necesario traer unha esterilla, roupa cómoda e ganas de desconectar nunha contorna idónea para a ocasión. O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de xuño, podendo facer a reserva en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Adegas Marqués de Vizhoja resérvase o dereito de cancelar ou modificar o evento por causas de forza maior, como inclemencias meteorolóxicas, así como de realizar os cambios que consideren oportunos.