I Forum Transfronterizo

Arbo desenvolve unha campaña de prevención contra a vespa velutina

O Concello De Arbo esta a desenvolver unha campaña encamiñada a previr os efectos devastadores que supón a praga da vespa velutina, ou vespa asiática. Dentro desa iniciativa, o Concello que preside Horacio Gil, entregou 100 trampas a apicultores e veciñanza que viñan manifestando, dende hai tempo, a súa preocupación ante o problema que supón a velutina.

As trampas foron colocadas polos colaboradores, en lugares estratexicos de distintos barrios das parroquias do Concello de Arbo. O alcalde, Horacio Gil, quixo expresar o seu agradecemento "a todos os participantes nesta iniciativa pola labor desenvolvida e que, ata o momento, seguen a realizar". Entre todos e todas ─dixo o alcalde de Arbo─ "podemos contribuir a que Arbo avance en todas as áreas posibles".