I Forum Transfronterizo

Arbo adxudica as obras de acondicionamento do recinto das piscinas municipais

O Concello de Arbo vén de adxudicar a contratación das obras de acondicionamento do recinto das piscinas municipais, traballos para os que se contará cun investimento de 79.482 euros. As obras contemplan diferentes zonas de intervención que van dende unha pequena praza con pavimento de formigón e zona axardinada ata a reparación global do peche vexetal con que conta o recinto.

Será unha remodelación global das instalacións, así, no proxecto da pequena praza con pavimento de formigón e zona axardinada, esta reaalizarase cunha pendente mínima do 2% cara ao viario e delimitarase con bolardos para evitar que sexa invadida polos automóbiles.

Asemade o proxecto inclúe unha caseta de dimensións mínimas, cuxa envolvente achegue transparencia e lixeireza á construción e peche para delimitación de zonas, permitindo un funcionamento conxunto ó independente.

piscinas 02

A obra tamén permitirá un peche que permita tanto o acceso ao recinto, como a separación entre a zona de piscina e zona deportiva e de xogos. Será un peche modulado cunha disposición irregular dos seus elementos e caracterizado pola súa pearmeabilidade visual e riqueza formal. Dispóñense portas correderas de amplas dimensións que permiten a comunicación e funcionamento conxunto entre as zonas.

No que á pérgola encostada ao edificio de servizo fai referencia, que presenta oxidación, se lle aplicará unha capa de pintura lisa, cor negra, previa preparación da superficie mediante lavado a alta presión, con cepillado e lixado das zonas oxidadas ou en mal estado e as luminarias substitúense por luminarias de policarbonato, con LED IP65.

A cuberta tamén será obxecto de revisión e reparación dos puntos singulares, con selados e xuntas de estanqueidade ou carpintería. Doutra banda, nas xanelas farase un selado perimetral continuo e dado que os paramentos exteriores presentan desconchados, pintaráse toda a fachada previa preparación do soporte. Ao mesmo tempo, tamén será pintada a fachada do local revestida con morteiro de cemento

A pista polideportiva repararase na súa integridade e o mesmo se fará co equipamento preciso para a mesma. Finalmente, preténdese completar o peche vexetal, xa que existen amplas zonas despobladas, con sebes que acheguen variedade cromática. Previo á súa plantación, analizarase o substrato existente e tratarase contra fungos ou outros parasitos. Finalmente, sobre a cuberta da sala de caldeiras, colócase sobre xardineiras de aceiro cortén.