Arbo mellora dúas estradas ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais 2018
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, comprobou esta mañá as obras executadas polo Concello a través do Plan Marco 2018 e do Plan de Infraestruturas Rurais 2018 en dous camiños da localidade. Cores Tourís destacou os 76.775 euros destinados para a ampliación do Rial do Pazo ás Laxas, a través do Plan Marco, así como a mellora do vial en Eidos de Arriba, na parroquia de Sela, que contou cunha axuda do Plan de Infraestruturas Rurais 2018.