Evacuado en helicóptero un motorista ferido na Cañiza

Un motorista tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado, con base en Ourense, logo colisionar a moto que pilotaba cun coche á altura da Casa da Cultura da localidade.

Os feitos aconteceron cara ás 16:20 horas, cando un particular alertaba ao 112 Galicia dando conta que no quilómetro 614 da N-120, preto da Casa da Cultura da Cañiza, producirase un accidente no que estiveron implicados un coche e unha moto, estando tendido no asfalto o motorista.

Mobilizados os servizos de emerxencia, e chegados ata o lugar do suceso os efectivos das Emerxencias Sanitarias, estas decidiron mobilizar de inmediato ao helicóptero médico con base en Ourense para que procedera á evacuación inmediata do ferido.