Medio Ambiente licita o proxecto de mellora de abastecemento de auga da Cañiza

O pasado ano, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato e o alcalde da Cañiza, Miguel Adolfo Domínguez, asinaban un convenio de colaboración en materia de saneamento para o municipio O pasado ano, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato e o alcalde da Cañiza, Miguel Adolfo Domínguez, asinaban un convenio de colaboración en materia de saneamento para o municipio

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita por 70.000 euros a redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de abastecemento do municipo da Cañiza. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se da publicidade a este contrato que conta con fondos do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Así, as actuacións consistirán na construción dunha nova captación no río Deva e na impermeabilización do depósito existente. Ata agora, o concello subminístrase de mananciais, polo que, este acordo permitirá aumentar a garantía de abastecemento do concello.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas a este proxecto dispoñen ata o 16 de outubro.

Con esta licitación, Augas de Galicia "aposta por manter a colaboración cos concellos galegos que permitan a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns" aseguran dende o organismo público.