Unha persoa intoxicada polo fume dun pequeno incendio nunha fábrica da Cañiza

Unha persoa foi trasladada na mañá de hoxe a un centro hospitalario de Vigo logo de inhalar o fume que provocou un pequeno incendio na fábrica na que traballaba, no concello da Cañiza. Cara ás 8 horas, un particular daba aviso ao 112 Galicia, dando conta que ardían plásticos nunha fábrica situada no Polígodo Industrial do antedito municipio.

O CIAE deulle conta do sinistro tanto aos bombeiros de Ponteareas como ao 061-Urxencias Sanitarias e a Garda Civil. Os axentes do instituto armado, confirmaron ao Centro Integrado das Emerxencias de Galicia, que o lume iniciouse ao alcanzar as chispas provocadas pola radial coa que traballaba o operario, unhas caixas, dando lugar a un pequeno incendio que, non obstante, orixinou unha densa fumareda, provocandolle unha intoxicación ao traballador que, logo de ser atendido polas urxencias sanitarias, foi trasladado ao hospital de referencia para súa recuperación.

Os membros do parque de Bombeiros de Ponteareas, confirmaron que o lume quedou totalmente extinguido.