A Cañiza

A Xunta reforza os coidados profesionais a dependentes no Concello da Cañiza

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, desprazouse á Cañiza co obxectivo de coñecer máis polo miúdo, e sobre o terreo, o nivel de desenvolvemento dos recursos e programas en materia social nos que colaboran as administracións autonómica e local. O conselleiro abordou esta cuestión nunha xuntanza de traballo co alcalde da devandita localidade, Miguel Adolfo Domínguez Alonso.

  • 0

A Cañiza mellora a rúa Progreso con 75.000 euros do «Plan Hurbe»

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello da Cañiza para comprobar as actuacións de mellora executadas rúa Progreso deste municipio grazas ao «Plan Hurbe» da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Na visita o delegado estivo acompañado do alcalde da localidade, Miguel Domínguez, así como do xefe territorial de Medio Ambiente en Pontevedra, José Manuel González.

  • 0

A Xunta avalía os danos dos incendios na Cañiza, Mondariz e Ponteareas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá os concellos da Cañiza, Mondariz e Ponteareas, co obxectivo de comprobar, xunto aos veciños e aos alcaldes, os danos causados pola vaga de lumes en diversas parroquias. Nas reunións tamén estivo presente o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo.

  • 0

A Deputación mellora a capa de rodadura na EP-5003 A Cañiza-Arbo

A Deputación de Pontevedra vai mellorar a capa de rodadura de varios treitos da estrada provincial EP-5003 entre A Cañiza e Arbo, no concello de A Cañiza. A intención, segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, é aumentar a adherencia das vías mediante a execución dunha capa de tratamento antiescorregadizo, acadando unha mellora notable da seguranza viaria.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS